14 jul. 2014

OUTIANDO EL PAISAXE: DELOS CAMBIOS NEL ESPACIO AGRARIO

Peza de trigo zarrada con chantos en Sanzo
Heráclito d’Éfeso afirmóu que todo cambia, nada permanece y nun podemos bañarnos dúas veces nel mismo río. Col paso del tempo, nin el río nin nosoutros somos os mismos. Y preguntarédesvos qué terá que ver esto col espacio agrario. Pos vou al caso de lo muito que cambiaron os pueblos neste sentido nos últimos tempos. Lo que se mantuvo casi igual durante xeneracióis cambióu, sin romedio, transformando el paisaxe dos nosos pueblos.

A Albeira en Sanzo, na actualidá
Esos cambios débense, sobre todo, á perda de cultivos tradicionales, al abandono de terras malas, mui costas ou de difícil acceso, á mecanización dos trabayos del campo y tamén ás concentracióis parcelarias, qu’acabaron cos cierres antiguos das fincas y unificaron el tarrén. Así as cousas, xa nun é fácil reconocer as pezas, leiras y tayos del pasao. Tamén desapareceron as paredes de pedra y os chantos que zarraban muitas fincas, y qu’agora son sustituidos por estacas y alambre de pinchos.

Peza de patacas nel Vale (Sanzo)
Hasta nun hai muito, y así foi durante siglos, as terras de labor, as pezas, xuntábanse en vilares, unde cada casería tía un pedazo y labraba as mismas cousas de forma rotativa según a época del ano. Estas terras nun avezaban tar zarradas p’aprovechar el espacio y os lindeiros señalábanse con marcos, úas pedras puntiagudas enterradas a medias. Estas pezas deixaban un pedacín sin labrar nun lao, unde daban volta os animales que tiraban pol arao, a grade ou a sachadora, chamao calduyeiro. Pa moverse pol vilar taban os camíos de laboría y as carrileiras. Alí labrábase trigo, centén, patacas, maíz y nabos. En Sanzo, había varios vilares (El Vale, A Albeira, Bargancio, etc.), peró hoi, despós da concentración parcelaria, xa se perdéu ese uso.

Rulos d'herba seca en Bargancio (Sanzo)
Outras terras que tamén taban cerca das casas destinábanse a pibideiro. Chamao tamén horto, inda se mantén hoi, y é alí unde se labran hortalizas y verduras pal consumo da xente da casa: berzas, cebolas, ayos, fréjoles, chichos, lechugas, etc.

Rulos d'herba verde en Sanzo
Os praos quedaban algo máis lonxe das casas. Habíalos de secano ou de regadío, coas súas presas ben feitas por unde corría el augua que vía d’algúa fonte cercana. Os paisanos encargábanse de ter estas presas ben amañadas y coas sangradeiras limpias pa que, al botar el augua por elas, se regase ben todo el prao. Hoi eso de fer as presas y botar el augua xa nun se leva.

Prao zarrao de parede en Sanzo
Si miramos un pouco p’atrás, en 1752, nas Respuestas Generales dadas pal Catastro de Ensenada, descríbense sete tipos de terras en Pezós:

-Prados de buena y mediana calidad regadío y de buena, mediana e ínfima calidad secano, que dan yerba y paciones.
-Tierras de labor de buena y mediana calidad que fructifican trigo, centeno, maíz, mijo y lino, alternando estas cinco especies un año una y el otro otra sin descanso.
-Tierras de labor de ínfima calidad que fructifican centeno, maíz y mijo, alternando sin descanso estas tres especies en los tres años.
-Tierras plantadas de verdura (aunque pocas), las que regulan como tierras de labor con la misma producción según su calidad.
-Tierras plantadas de viña de buena, mediana e ínfima calidad.
-Tierras de matorrales plantadas de castañales, que su pasto es común.
-Tierras incultas e infructíferas, ásperas y peñascosas de matorral y roza con algunos castaños fructíferos y otros árboles infructíferos, que no dan utilidad. Y se nota que no hay ninguna tierra que produzca más que una cosecha al año, si bien algunas de mediana e ínfima calidad, que necesitan de uno, dos, cuatro, veinte y más años de descanso, que solo producen centeno, y el producir aquellas cada año es por el continuo abono que las comunican los labradores.

Moreneiros de trigo en Sanzo: os maoyos tan ataos con corda nel sito da garañola
Abandonados el miyo y el lino, os cultivos que se poden ver hoi nel conceyo son:

-Hortalizas y verduras (berzas, cebolas, ayos, lechugas, tomates, arbeyos, fréjoles, chichos y fabas…), patacas, nabos, maíz y remolacha.
-Uvas pa fer viño, sobre todo en Pelorde.
-El trigo ou el centén, el pan pa todo el ano d’antias, xa solo se ven de ralo en ralo, polo que tamén é raro ver moreneiros y medas feitos cos maoyos, y aquelas payeiras que se fían despós de mayar.
-El cultivo máis abundante é el herba, que se recoye seca ou s’ensila en verde. As morenas y medas d’herba seca qu’abundaban en épocas pasadas deron paso a esa imaxen cadaldía máis frecuente dos rulos d’herba envoltos en plástico blanco ou mouro alineaos y xuntos polos praos, que tan deixando atrás ás alpacas d’herba seca y os silos d’herba verde, característicos d’hai non tanto.

Medas de trigo en Serán
Úas veces pa ben y outras pa mal, todo cambia sin romedio. Remato esta entrada con úas guapas palabras de Fernando Pessoa:

Tudo quanto vive, vive porque muda; muda porque passa; e, porque passa, morre. Tudo quanto vive perpetuamente se torna outra coisa, constantemente se nega, se furta á vida.