24 jul. 2013

SAN PEDRO NA MESA

Vista del pueblo d'A Mesa

El brao é tempo de festas y hoi quero falar del pueblo d’A Mesa, unde se celebra San Pedro. Pa chegar hasta este lugar hai que coyer el desvío na carretera AS-14, salindo de Berducedo hacia Grandas ou, indo dende Grandas, pódese subir pola pista que vai á Figueiría.

A Mesa é úa parroquia y aldea que pertenece al conceyo de Grandas de Salime, ta situada al NE, nas lindes col conceyo d’Ayande, a 24 km da capital del sou conceyo. El topónimo ven del latín mensam, que significa lugar alto y chao, y nunca un nome tuvo tan acertao porque el pueblo ta a úa altura de 860 m y nun sito chao.

Un rabaño de cabalos corre camín del pueblo

A parroquia incluye: A Mesa, Buspol, Vilar de Buspol, El Toucedo y Valiamayor. Entre todos estos sitos, según datos del SADEI 2008, nun viven agá 32 personas, 18 delas na Mesa.

Detaye núa panera
Nel Asturias, de Bellmunt y Canella, podemos ler qu’as vilas de Salime, Villarpedre y A Mesa, incluidas na feligresía de San Martín d’Ozcos, foron redimidas el 26 de mayo de 1584 y formaron el conceyo de Salime, qu’acabóu xoncéndose al de Grandas, andando el tempo.

Panera ben conservada
Pola Mesa pasa el Camín de Santiago y a antigua escuela foi reconvertida en albergue de peregrinos. Nel medio del pueblo destaca a iglesia de Santa María Madalena, al pé d’un gran carbayo.

Iglesia de Santa María Madalena
Anque vive alí pouca xente, el pueblo ta ben cuidao, hai buas casas tradicionales restauradas y algúas novas, y consérvanse us cuántos horros y paneras en bon estao. Debaxo da iglesia hai úa casa rural chamada La Rectoral. Dominándolo todo dende el alto de Buspol, úa filada de molíos eólicos molen sin parar coa forza del aire.

El sabroso churrasco listo pa comer
Neste sito tan guapo, núa carpa posta adrede xunto a iglesia, celébrase a festa de San Pedro na que, ademáis dos actos típicos como a misa, procesión y verbena, os vecíos invitan a todos os que s’achegan alí a úa parriyada de baldre. Y esto hoi en día é algo digno de alabanza. A ver en cuántos sitos dan de comer de papo… Peró, sin falta de ser enchedoiros, ben seña por San Pedro ou outro día calquera, animo a todo el que lea esto a chegarse hasta A Mesa, úa aldea perdida con muito encanto, unde algúas noites a lúa casi se pode coyer na mao.

9 jul. 2013

A FESTA DE SAN JUAN



Cabildro d'a capiya de San Juan

Dice el antropólogo Adolfo García (nel libro titulao La casa tradicional de San Martín de Ozcos) qu'un pueblo sin festa vaise desfendo ou eso é xa úa seña de desfeita. Nos pueblos pequenos, nas aldeas, unde cadaldía vive menos xente y a que queda xa nun é festexeira (pola edá, sobre todo), van perdéndose, como tantas cousas, esas festas nas que se celebra el santo del pueblo.

Antias, cuando os pueblos taban chíos de vida y de xente, fíase úa xunta p'acordar os cuartos qu'había que dar pa fer a festa y cada ano era úa casa ou varias as que corrían coa festa, as encargadas d'organizala. Tían que chamar al cura y a os músicos, pedir os permisos correspondientes, comprar os cuetes, etc. Agora, nos pueblos unde se sigue fendo a festa é unde hai xente con agayo p'atender a esas cousas y vecíos qu’axudan.

San Juan

En Sanzo celébrase San Juan (dito así, nunca ougüín dicir Xuan) dende sempre, a lo menos dende sempre pa min. Ese día hai misa na capiya de San Juan, siguida da típica procesión, na que se saca al santo de paseo dende a capiya hasta El Nareiro. El santo tein que levalo homes solteiros, muyeres y casaos nun valen, nun sei por qué. Hai anos, cuando eu era pequena, acórdome qu'había un paisano qu'enveredaba á xente y amañaba de fer dúas ringuileiras separadas na procesión, úa d’homes y outra de muyeres. Agora, eso das ringuileiras separadas por sexos xa nun se respeta, como é natural, cada ún vai por unde ye peta, detrás del cura y del santo.

Al acabar a misa, ven a sesión vermú, na que se baila al son da música. De cuando era nena, recordo a Ponticiella y su acordeón y a Los Capri, que peime qu'eran d'A Veiga. Agora train úa orquesta “grande”, d'us cuántos músicos, y ás veces outra máis pequena, d'un ou dous, p'amenizar os descansos da primeira. Dicen os veyos qu'antias bailábase máis, qu'agora todo se volve beber, y é verdá qu'a xente aveza a xuntarse nel tablón que fai de barra de bar.

Un arco de medio punto da paso al ábside na capiya de San Juan

Despós da sesión vermú, todos se xuntan pa comer nas súas casas cos familiares y os invitaos que veron adrede pá festa. Antias, tamén comían nas casas el cura y os músicos, peró agora eso xa nun se fai normalmente. Ese día a comida é abundante y nun poden faltar as mantecadas de postre. Os anos que nun hai música y nun se fai agá misa, dícese qu'é festa de pote, porque ese día a comida é especial.

A festa sigue pola noite col baile y dura hasta altas horas. Tíranse cuetes (cuartos al aire, que decía meu abolo) pola mañá, á hora da misa, el de media mesa dende distintas casas, pola tarde y pola noite. Os nenos d’antias corrían p’atopar as varas dos cuetes lanzaos al aire, a os d’agora peime que nun yes fain gracia esas cousas.

Como ta tan extendida a costume da fogueira de San Juan en tantos sitos, preguntéi a os veyos si nun era tradicional fela en Sanzo, peró dixéronme que non, que nun se fera agá algún ano, cuando as obras del Salto. Supoño que nun se fía porque había qu'ir a leña y, en tempos, hasta a leña era escasa. Peró perdemos outras costumes que sí se recordan: a de adornar portas y ventás con flores de benteiro pa espantar ás bruxas ou a d'erguerse ben cedo pa ir beber augua a fonte ou arrebolarse por un prao pa coyer a orbayada, como fían os máis atrevidos. Todo col fin de ter búa suerte.

Flores de benteiro
Desque pasa San Juan, xa tamos metidos nel brao, qu’é un tempo de muito labor nel campo: hai qu’ensilar, recoyer el herba seca, segar y mayar el trigo y el centén (os poucos qu’inda los labran), sachar as pezas, labrar os nabos, etc. Peró esta é outra historia que contaréi outro día.