29 abr. 2013

ÚA VOLADA POR TAMAGORDAS

Vista de Tamagordas y el couso


Tamagordas é úa aldea del conceyo d’Eilao, que pertenece á parroquia d’Eirías. Según datos del SADEI (2012), ta situada a 426 m de altitud, a 33 km da capital del conceyo y ten 11 casas. Según el Diccionario de Madoz (de mediados del XIX), naquela fecha tía 7 casas y vivían nelas 40 almas. Agora nun vive nadie alí a diario, peró pol brao y os fines de semana é fácil atopar por alí xente, que nun yes deixa caer ás casas patrucias y sigue volvendo al sou pueblo cuando pode. Y eso que pa chegar hasta alí hai qu’andar un bon pedazo por úa pista sin asfaltar. Eu fun dende Santo Miyao (Ayande), peró tamén se pode chegar alí dende a carretera Navia-Grandas (AS-12), cruzando a ponte de Doiras y coyendo a pista que vai a Sarzol y Eirías (BO-3).


A capiya

Tamagordas é un pueblo colgado nun lombo y vivir alí da labranza nun debía ser nada fácil: aquelo é úa costareda, nun hai muito chao. Xa nun se ven cuasi terras de labor: a naturaleza vai volvendo al sou ser, cuando a mao del home deixa d’andar nela. El microclima qu’hai nesa zona del vale del Navia, el tarrén axeito y el ser un sito mui solano fain que se den alí as sufreiras (Quercus suber), igual que noutras zonas como Boxo ou Pelorde. Noutros tempos tuvo qu'haber muitos lobos pola rodiada, y pódese ver inda un couso (úa d'esas trampas pa cazar lobos) nel monte pegado al pueblo.


A casa del horro

A primeira vez que fun por alí, xa hai delos anos, iba con meu padre. Nel medio del pueblo, atopamos a un paisano conocido de meu padre, que nos convidóu. Tuvemos falando con él y coa muyer, na cocía da casa unde vivían, na parte d’abaxo d’un horro convertido en vivienda. Despós tuvo enseñándonos el horro por dentro, que servía d’habitación; outro cuarto al pe da casa, tamén reformado pa vivienda; y un sito chen de ferragachos y ferramentas, ben ordenados, unde él ocupaba os días.

-Eu téñovos cáncer -dixo el home- y aiquí é unde paso el tempo esta temporada.

Marchéi d’alí con mal corpo, coa seguranza de qu’el destino d’ún ás veces -ou sempre, nun sei- é inevitable.


Louxados de pizarra

Volvín por alí anos despós, peró a casa del horro taba cerrada. Din úa volta y, na parte alta del pueblo, atopéi a úa muyer que cuidaba del sou neto. Puémonos a falar y, cuando ye dixen qu’era de Sanzo, ela dixo que fora de Pelorde, da Casa Cotarelo.

-Pos agora que lo dice, é verdá que se parece a Cotarelo -dixen eu.
-Ou nos oyos ou nos pes, asomeyas a quen es -sentencióu ela, ríndose.


Úa panera que sigue en pe

Tamagordas é un lugar despoblado, peró hasta agora nun ta abandonado nin morto. Os vecíos cuidan as casas, pasan tempo alí y fain festa inda algúa vez. Ben merece ir dar úa volada por alí algún día y asombrarse al pe das veyas sufreiras, testigos vivos del paso del tempo.

No hay comentarios: