19 feb. 2013

EL ANTROIRO EN SANZO

Os antroiros d'este ano
Cuando eu era pequena, aló polos 70-80 del siglo pasado, os nenos pasábamoslo muito ben por el antroiro, y penso que tamén os grandes, anque pode qu'esta mirada señardosa p'atrás amostre as cousas non como eran na realidá senón como me gustaría que fosen.

Días antias del antroiro, todos andaban mui xaroleiros tentando de botar el antroiro a daquén. Os bromistas aproveitaban el despiste d'algún y fíanye calquer pregunta ou decíanye algúa cousa pa qu'el outro picase, por exemplo:“Chacho, déronme recordos pa ti”. Y cuando el outro preguntaba: “¿Quén?”, entoncias elos, mortos de risa, respondían: “¡El antroiro!”.

En Sanzo, el antroiro era un monigote con cabeza de nabo, vestido con roupa veya y chen de paya ou herba seca. Ás veces, había máis d'un y podían representar un home y úa muyer. El antroiro fíase en secreto nalgúa casa y aparecía chantado núa terra de laboría us días antias del martes d'antroiro. Un ano tocaba na Albeira, nel solano, y al outro nel Vale, nel avesío. Ese espantayo queimábase al escurecer a noite del martes.

As mázcaras, disfrazadas con roupa veya y con caretas pa nun ser conocidas, aparecían por el pueblo el martes pola tarde y, coa pequenada correndo detrás delas, andaban polas casas, unde las convidaban y tentaban de saber quén eran os disfrazados. A gracia taba en que naide soupera quén s'escondía detrás d'aquela facha.

Úa parexa de mázcaras (Antroiro 2013)

Eran días de comer muito, sobre todo, cousas da matanza: a cabeza del gocho, a cachola, con cachelos y el botelo. Tamén s'avezaba a fer fiyolos. Estas costumes gastronómicas inda se conservan agora, así como el dito “sábado fiyoleiro, domingo lardeiro, lunes gordo y martes antroiro”. Anque el adjetivo nun coincide col día, xa el Arcipreste de Hita, nel siglo XIV, falaba nel Libro de Buen Amor del jueves lardero, na luita entre don Carnal y doña Cuaresma, y el diccionario da RAE define lardero como “graso”. Pa nosoutros el día “graso” era el domingo, el día que se descansaba das laborías.

Todas estas costumes inda tan vivas hoi, anque en Sanzo cadaldía hai menos xente, peró inda se siguen fendo os antroiros (agora é casi sempre úa parexa) y quéimanse á noitía del martes de carnaval. Este ano, el sábado fiyoleiro, celebrouse por primeira vez úa festa pa festexar el antroiro. Todos os vecíos del pueblo, os que viven alí y os que tamos fora, disfrazados y sin disfrazar, compartimos úa parrillada y baile hasta altas horas. Ademáis, el programa Conexión Asturias, da TPA, fexo un largo reportaxe y amostróu a queima del antroiro el martes.

Hai tradicióis qu'era ben que nun se perdesen y, mentras haxa xente agayosa disposta a trabayar y colaborar pa que nun s'esqueizan, os nosos pueblos poderán remocicar siquera por un día.