28 sept. 2012

ÚA VOLADA POR EL VALLEDOR

Vista dende Samartín

Fía muito tempo que tía ganas d'ir por El Valledor, pero nun fixen vez hasta este brao. Cuando m'enteréi da queima qu'houbo el ano pasado, deume muita pena, así que xa iba preparada pa ver el destrozo que fera el lume.

Dende Berducedo, a carretera que leva a Samartín (AS-34) nun é fácil pa novatos neso de conducir, é estreta, con ben curvas, sin “quitamedos” y de súpeto podes atopar un camión que ta sacando a madera queimada, outro que leva pienso y hasta el da basura. Y tamén algún coche, y hai que parar porque en sitos os dous al tempo nun pasan. Peró os conductores avezados seguro que nun tein problema ningún pa conducir por alí.

Namáis deixar Berducedo, lougo se ven os montes queimados, mouregan sufreiras y castañeiros centenarios, pinos despidos, todos mortos, erguidos como testigos del pasado y da desidia, anque a terra xa empeza a verdegar de novo con herbas, fulgueiras y outras plantas. Muito tempo terá que pasar pa qu'aquelos montes volvan a ser el que foron. Y así todo nunca serán el qu'eran.


Iglesia de Samartín del Valledor
En Samartín dan ganas de chorar al ver todo lo queimado. Por suerte, a Torre del Valledor, del siglo XVI, declarada Bien de Interés Cultural, salvouse, peró non a casa unde se guardaban documentos antiguos y únicos, nin a panera. Un paseo por el pueblo, solitario, causa admiración y asombro. Xunto a iglesia, del siglo XIV ou XV, según a información que se le na porta, chócanos el ritrete público que ten este aviso: “despós d'usalo, déixalo a xeito”. Y un pouco máis aló, a Casa das Xuntas, que data de 1924 y é a sede da Parroquia Rural de Samartín del Valledor, tamén afectada pola queima y a medio restaurar.

Ritrete público

Deixamos Samartín y seguimos camín hasta San Salvador, un pueblo chen de xente polo brao, unde nos recibe un peteiro de pequenos xogando polos camíos. É este un bon exemplo del patrimonio etnográfico y arquitectónico da zona. Abundan as casas, horros y paneras, ben conservados ou restaurados con bon gusto. Y todo ta tan ben cuidado que da gusto escaleyar por alí. 

Panera en San Salvador

Pregunto por un pueblo que se ve a lo lonxe y dícenme que é Collada. En Collada teño ougüido qu'hai un couso, úa d'esas trampas pa cazar lobos, y efectivamente así é, algo máis p'arriba del pueblo y non mui lonxe, vense as paredes del couso.

Collada y el couso dende San Salvador

A tarde nun deo pa máis. Pa volver hacia Grandas, nun fai falta ir por Berducedo, pasando por Tremado, chégase hasta A Mesa y, baxando pola Figueiría, xa tamos na carretera AS-14.
Casa en Samartín con trabateles de pizarra nas ventás

El Valledor: un sito pa recorrer despacio y al que volver sempre.