26 abr. 2012

MOLÍOS (1)


Nun sei descantá nun mole ningún molín nel conceyo de Pezós. D'esas construccióis tan necesarias nel pasado nun quedan agá úas poucas resistindo malamente el paso del tempo y el abandono.

Según se pode ler nas Respostas Generales del Catastro de Ensenada, en Pezós, a mediados del siglo XVIII, había 17 molíos. Dice alí que don Miguel Antonio de Ron, vecín de Ibias, é el propietario de dous: un ten duas molas y ta nel río de “Layo”; el outro, d'úa mola sola, ta nel arroyo de Calendas. Un terceiro é de Fernando de Mon, vecín de San Martín d'Oscos, tamén de duas molas y situado nel río de “Layo”. El cuarto é propiedá de Sancho López, vecín de Grandas, ten úa mola y ta nel río de “Lebí”. Os trece restantes son de todos os vecíos del conceyo, que molen nelos el grao según yes corresponde, solo tein úa mola, nun tein “cuarto” nin “habitación”, y nunca foron arrendados, al contrario qu'os cuatro primeiros.

  Catastro de Ensenada

El que chaman río “Layo” nas Respostas é el que conocemos como “Ahío”, “río d'Io” ou “río del Mazo” y el arroyo de Calendas atravesa el pueblo de Pezós, peró ¿qué río será el “Lebí” ou “Lebi”?

Catastro de Ensenada

Un siglo despóis, a mediados del XIX, el Diccionario de Madoz solo fala de 6. ¿Nun resulta chamadeiro que desapareceran nun siglo 11 molíos?

Si botamos un oyo a toponimia, atopamos delos nomes dos que podemos deducir que nesos sitos houbo molíos algún día, por exemplo, Os Molíos (en Sanzo) y el Prao Molín (en Sanzo y Serán).

A cousa é qu'hoi, qu'eu sepa, nun quedan agá 5 molíos. Tan todos abandonados pero inda se poden ver nas beiras dos ríos. El meyor conservado é el de Pelorde, que é tamén el máis novo. El de Sequeiros ta nun sito al que se chega ben, porque forma parte dúa ruta señalizada, pero el louxado ta mal abondo. A ver el que dura. Dos outros tres namáis quedan ruinas, tan entre Lixóu y Brañaveya, escondidos entre el monte, comidos pola maleza, y resulta ben dífícil chegar a elos. Son el Molín Veyo, el Molín de Louredo y el Molín de Lagar das Eiras.

16 abr. 2012

EMPICIPIANDO


Nas salabreadas d'abril de 2012, estreno este blog nel que quero ir deixando cousas variadas coas palabras da nosa fala pa que nun nos esqueizan. Anque me resulta muito máis fácil escribir en casteyano, fendo un esforzo, escribo nesta fala qu'aprendín de pequena en Sanzo y que falaron y falan os meus antepasados.

El título del blog coyínlo prestado d'Adelina de Lourenzo, úa vecía de porta que xa nun ta con nosoutros. Cuando vivía, nas largas tardes del brao, Adelina chegábase a nosa porta dicindo esa frase -veño leriar- y ríndose. Adelina, como tantos outros homes y muyeres que conocín de pequena y nos foron deixando nestos anos, dicía sempre qu'iba tomar a parva, non desayunar; almorzar, non comer; igualar as camas, non fer as camas; falaba de concas y pratos, non de tazas y platos; del tarrén, non del suelo; y usaba todas esas palabras que cadaldía s'usan menos y que nos tan esqueicendo ou que nin siquera conocemos. Todos estos homes y muyeres, falantes da nosa lingua, que nos van deixando pouco a pouco, levan coelos úa forma de vida, os oficios, as costumes, os recordos, as palabras y a fala qu'aprenderon dos sous padres y enseñaron a os sous fiyos y netos.

Pa escribir nesta fala qu'eu aprendín ougüindo falar cuando fun vivir a Sanzo, anque nelas hai cousas que nun me gustan muito (por exemplo, os apóstrofos), vou tentar de siguir as normas ortográficas pal galego-asturiano publicadas pola ALLA, porque algúa norma hai que siguir pa ben d'entendernos.

Si daquén quer dicirme daqué, ferme algúa crítica, apurrir opinióis ou informacióis, os comentarios serán sempre benvidos. Lo que máis me prestaría é qu'este blog se convertise nun punto d'encontro pa todos os qu'aprecian a nosa terra, a nosa cultura y a nosa fala.