22 nov. 2012

HORROS EN PEZÓS

Horro en Pelorde


Dice Xuan Bello nel sou poema Paniceiros:

un país onde la casa cai cai l'horru la ponte
el molín la ilesia l'home tamién cai

Y nesas tamos, mirando cómo van caendo as casas, os horros, as pontes, os molíos, as capiyas... y cómo s'enchen de monte os prados, as pezas, as leiras, os tayos; cómo s'abandona todo, cómo morre todo pouco a pouco.

Horro da Casa Navarrín (Argul)
Os horros, esas construccióis tan típicas del noso mundo rural, tan importantes y necesarias noutros tempos, son úa mostra máis d'esa decadencia. En 1752, según el Catastro de Ensenada, había en Pezós 183 horros. Pódese ler alí textualmente: “Hay en el término de este concejo de Pesoz, puestos a las frentes y contornos de las casas y algunos separados de ellas, 183 orrios”.

Catastro de Ensenada
¿Cuántos horros quedan hoi nel conceyo de Pezós? Pos, si fixen ben a cuenta este brao, nun quedan agá 16 horros, 2 paneras y 2 cabazos. A estos que siguen ahí, resistindo el paso del tempo, podemos sumar os 21 que xa nun tan peró inda se conservan nel recordo da xente. Con todo, xa se perderon ben d'elos.

Horro en Lixóu
En Pezós capital hai 3 horros (Casa Julio, Casa Penadrada y Casa Moxardín; os dous últimos son d'hai pouco, así que nun existían nel siglo XVIII) y 1 panera desaparecida nel Palacio.

Horro da Casa Julio (Pezós)
En Argul hai 2 horros (Casa Castellano y Casa Navarrín, este último ta en ruinas) y 1 panera (Casa López).

Panera da Casa López (Argul)
En Sanzo nun queda ningún horro en pe, pero hai memoria de 7 (Casa Coto, Casa Grande, Casa El Crego, Casa Soto, Casa Valledor, Casa Caballero, Casa Sampedrín) y a lo menos el da Casa Coto taba cuberto de paya.

En Serán hai 2 horros (Casa Mera y Casa Camilo), 1 cabazo (Casa Soto) y 2 desaparecidos (Casa d'Andrés y Casa Torre).

Horro da Casa Mera (Serán)
En Vilabriye hai 1 panera (Casa Pereda) y 2 desaparecidos (Casa del Rico y Casa Emilio).

Panera da Casa Pereda (Vilabriye)
En Francos hai 1 horro en pe (Casa Cachán) y 3 desaparecidos (Casa García, Casa del Tendeiro, Casa Mera).

Horro da Casa Cachán (Francos)
En Pelorde temos 5 horros (Casa Cotarelo, Casa Linera, Casa Miguel, Casa Lastra y Casa d'Amor) y 3 desaparecidos (Casa Santiago, Casa Carril y Casa Cordeiro).

Horro da Casa Linera (Pelorde)
En Cela hai 1 horro (Casa da Ventela) y 1 desaparecido (Casa Benino).

En Brañaveya queda el recordo de dúas construccióis desaparecidas: 1 panera (Casa Caballero) y 1 horro (Casa Alonso).

En Lixóu hai 2 horros y 1 cabazo. Un horro é de Casa Alonso peró nun sei de qué casa son el outro horro nin el cabazo: el día que tuven por alí nun atopéi a naide con quen falar y tampouco sei si había máis antias y desapareceron.

Cabazo en Lixóu
Vista del outro lado del cabazo de riba
En Vilarmarzo y Cabanela nun queda ningún horro y nun teño noticias de desaparecidos.

Os máis dos horros y as paneras son de construcción simple, sin corredor, nin grandes adornos: de planta cuadrada ou rectangular, apoyados en cuatro ou seis pes de madera y con louxado a cuatro auguas. Según os expertos, el que distingue el horro da panera nun é el número de pes nin el tamaño nin a presencia de corredor, como pensa muita xente, senón a viga horizontal que tein nel crume as paneras y que fai qu'el louxado acabe en dous picos, mentras os horros xuntan as cuatro auguas nun punto único.

El cabazo de Casa Soto ten as cepas de pedra y os lados largos tan cerrados con barrotes de madera separados pa favorecer a ventilación y a seca da cosecha que se guardaba alí. El de Lixóu ta alterado peró inda deixa ver ben a súa estructura orixinal, tamén de pedra y madera. A estos cabazos de madera y pedra chámanyes probes nel Vocabulario del bable de Occidente de Acevedo y Fernández.

Cabazo da Casa Soto (Serán)
Os horros, ademáis de ser el almacén unde se guardaban as cosechas, a matanza y úa chía de cousas, tamén encerran muitas historias, algúas ben tristes, como a d'aquel home, enfermo de tuberculosis, que foi vivir al horro, pa separarse da familia, despós de qu'un vecín ye botara en cara que tuvera vivindo na casa según taba y ye dixera qu'iba pegaryes a enfermedá a os niníos da súa familia. El home pasóu el inverno nel horro, pasando fame y morto de frío, peró por un milagro da naturaleza nun morréu d'aquela y col tempo sanóu.

Espero y deseo qu'os poucos horros que quedan nel conceyo señan apreciados y cuidados, y sigan en pe muitos anos, como testigos calados del paso del tempo.

25 oct. 2012

TEU NOME POR MAR E TERRA


Xa nun é novedá, peró eu acabo d'atopar esta estupenda canción que forma parte d'un disco titulado aCadaCanto, obra de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández y Xosé Lois Romero, y editado por Músicas de Salitre.

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite...

¡Emocionante!


28 sept. 2012

ÚA VOLADA POR EL VALLEDOR

Vista dende Samartín

Fía muito tempo que tía ganas d'ir por El Valledor, pero nun fixen vez hasta este brao. Cuando m'enteréi da queima qu'houbo el ano pasado, deume muita pena, así que xa iba preparada pa ver el destrozo que fera el lume.

Dende Berducedo, a carretera que leva a Samartín (AS-34) nun é fácil pa novatos neso de conducir, é estreta, con ben curvas, sin “quitamedos” y de súpeto podes atopar un camión que ta sacando a madera queimada, outro que leva pienso y hasta el da basura. Y tamén algún coche, y hai que parar porque en sitos os dous al tempo nun pasan. Peró os conductores avezados seguro que nun tein problema ningún pa conducir por alí.

Namáis deixar Berducedo, lougo se ven os montes queimados, mouregan sufreiras y castañeiros centenarios, pinos despidos, todos mortos, erguidos como testigos del pasado y da desidia, anque a terra xa empeza a verdegar de novo con herbas, fulgueiras y outras plantas. Muito tempo terá que pasar pa qu'aquelos montes volvan a ser el que foron. Y así todo nunca serán el qu'eran.


Iglesia de Samartín del Valledor
En Samartín dan ganas de chorar al ver todo lo queimado. Por suerte, a Torre del Valledor, del siglo XVI, declarada Bien de Interés Cultural, salvouse, peró non a casa unde se guardaban documentos antiguos y únicos, nin a panera. Un paseo por el pueblo, solitario, causa admiración y asombro. Xunto a iglesia, del siglo XIV ou XV, según a información que se le na porta, chócanos el ritrete público que ten este aviso: “despós d'usalo, déixalo a xeito”. Y un pouco máis aló, a Casa das Xuntas, que data de 1924 y é a sede da Parroquia Rural de Samartín del Valledor, tamén afectada pola queima y a medio restaurar.

Ritrete público

Deixamos Samartín y seguimos camín hasta San Salvador, un pueblo chen de xente polo brao, unde nos recibe un peteiro de pequenos xogando polos camíos. É este un bon exemplo del patrimonio etnográfico y arquitectónico da zona. Abundan as casas, horros y paneras, ben conservados ou restaurados con bon gusto. Y todo ta tan ben cuidado que da gusto escaleyar por alí. 

Panera en San Salvador

Pregunto por un pueblo que se ve a lo lonxe y dícenme que é Collada. En Collada teño ougüido qu'hai un couso, úa d'esas trampas pa cazar lobos, y efectivamente así é, algo máis p'arriba del pueblo y non mui lonxe, vense as paredes del couso.

Collada y el couso dende San Salvador

A tarde nun deo pa máis. Pa volver hacia Grandas, nun fai falta ir por Berducedo, pasando por Tremado, chégase hasta A Mesa y, baxando pola Figueiría, xa tamos na carretera AS-14.
Casa en Samartín con trabateles de pizarra nas ventás

El Valledor: un sito pa recorrer despacio y al que volver sempre.


6 jun. 2012

MOLÍOS (4)


Ademáis dos molíos que xa apuntéi, solo conozo as ruinas de tres máis. Nun é fácil chegar a elos, eu bon día vin que levaba un bon guía, senón mialma nun los atopaba. ¡Gracias, Dani!

Excepto el Molín Veyo de Brañaveya, todos os molíos que quedan eran de propiedá privada y de maquila, quero decir, qu'el molieiro cobraba el sou trabayo quedándose con úa parte da molenda. Peró el Molín Veyo era de propiedá comunal y cada casería tía us días pa ir moler chamados días de calenda.



 

Esto é el que queda del Molín de Lagar das Eiras, que ta nel río de Lixóu.









Aiquí pódense ver os restos del Molín Veyo de Brañaveya, nel vilar de Malandroiros.






Por último, el Molín de Louredo, que tamén tá nel río de Lixóu. Teño que agradecerye a Suso de Lebrón que me levara hasta él y a xibeira que levóu rozando alredor das paredes del molín. ¡Y que me cruzara el río ás costas!, pa que nun me moyara, peró son tan torpe qu'esbaréi un pouco máis arriba y enterréi un pé nel regueiro, que casi nun levaba augua.

Molín de Louredo
Rodez de madera del Molín de Louredo

21 may. 2012

MOLÍOS (3). EL MOLÍN DE SEQUEIROS

Molín de Sequeiros


El Molín de Sequeiros atópase na aurela del río Ahío, cerca da ponte d'Argul. Ahío é el nome que aparece nos mapas en castellano, peró el río conócese tamén como río d'Ío ou río del Mazo. Nel Catastro d'Ensenada escriben Layo. A finales del XVIII, Antonio María Queipo y Ron, “dueño y señor del sitio y granja de San Bruno y del despoblado coto de Folgueyras, vecino del lugar de Villapedre, del concejo de Salime, incluso en el de Grandas”, na información que ye mandóu a Tomás López pa fer el sou Diccionario Geográfico, escribe Lahiú, peró el cura, Matías Menéndez Luarca, núa carta enviada al mismo Tomás López el 12 de xineiro de 1767, fala del río que chaman de Labio o Lahio. Siglos atrás, nel XII, en documentos que noman as lindes del Monasterio de Vilanova d'Ozcos, aparece como Ayu.
 
Seña como seña, el molín ta fácil d'atopar. Forma parte d'úa ruta señalizada chamada del Augüeira que vai dende Pezós hasta El Mazo de Mon (PR AS-117: paseo mui recomendable y que ben merece outra entrada), peró el molín ta mui cerca da ponte d'Argul, unde morre el Ahío nel Augüeira. 




Este molín tamén é de propiedá privada, ta núa casía de pedra que pinta antigua, peró nun teño datos pa fechalo.








Pódese ver aiquí a sala de moler cos tambores que cubren as dúas molas, úa moxega y un caxón, todo abandonado.








El augua caía dende el banzado sobre el rodez que taba nel infierno y que fía mover a mola volandera.




El sito unde ta este molín é ben guapo y ben merece úa visita, antias de que desapareza del todo. Nel brao, el río leva pouca augua, os árboles tein tanta foya qu'asombran y escurecen el lugar, y solo s'escuitan os páxaros y el ruxir calado del río: é un bon sito pa fer úa pousa d'este mundo tolo nel que vivimos.



8 may. 2012

MOLÍOS (2). EL MOLÍN DE PELORDE


Pa chegar al Molín de Pelorde hai que coyer un camín que baxa dende el pueblo de Pelorde hasta el río Augüeira. Nun é un paseo largo y, anque é un camín costo y hai que baxar aspacio, mirando unde se pisa pa nun esbarar, y esquivando as ortigas y os artos, paga a pena, porque alí, na beira del río, entre os árboles y a vexetación qu'abunda na ribeira, arrolado pol ruxir del augua, atópase este molín núa casa de pedra de dous pisos. 

Molín de Pelorde
É de propiedá privada y féxose nel ano 1923, según se le nel cargadeiro da porta, así que nun pode ser ningún dos que se cuntan nel Catastro d'Ensenada nin nel Madoz. Ta en ruinas y abandonado, col louxado afuracado y el pouco que queda das partes del molín por alí tirado.

Porta del molín



  Nesta foto pódense ver os restos das molas y un caxón.

  
Hai poucos anos feron úa ponte alí pegada por unde se pode cruzar el río y subir pola montaña arriba hasta Argul.





26 abr. 2012

MOLÍOS (1)


Nun sei descantá nun mole ningún molín nel conceyo de Pezós. D'esas construccióis tan necesarias nel pasado nun quedan agá úas poucas resistindo malamente el paso del tempo y el abandono.

Según se pode ler nas Respostas Generales del Catastro de Ensenada, en Pezós, a mediados del siglo XVIII, había 17 molíos. Dice alí que don Miguel Antonio de Ron, vecín de Ibias, é el propietario de dous: un ten duas molas y ta nel río de “Layo”; el outro, d'úa mola sola, ta nel arroyo de Calendas. Un terceiro é de Fernando de Mon, vecín de San Martín d'Oscos, tamén de duas molas y situado nel río de “Layo”. El cuarto é propiedá de Sancho López, vecín de Grandas, ten úa mola y ta nel río de “Lebí”. Os trece restantes son de todos os vecíos del conceyo, que molen nelos el grao según yes corresponde, solo tein úa mola, nun tein “cuarto” nin “habitación”, y nunca foron arrendados, al contrario qu'os cuatro primeiros.

  Catastro de Ensenada

El que chaman río “Layo” nas Respostas é el que conocemos como “Ahío”, “río d'Io” ou “río del Mazo” y el arroyo de Calendas atravesa el pueblo de Pezós, peró ¿qué río será el “Lebí” ou “Lebi”?

Catastro de Ensenada

Un siglo despóis, a mediados del XIX, el Diccionario de Madoz solo fala de 6. ¿Nun resulta chamadeiro que desapareceran nun siglo 11 molíos?

Si botamos un oyo a toponimia, atopamos delos nomes dos que podemos deducir que nesos sitos houbo molíos algún día, por exemplo, Os Molíos (en Sanzo) y el Prao Molín (en Sanzo y Serán).

A cousa é qu'hoi, qu'eu sepa, nun quedan agá 5 molíos. Tan todos abandonados pero inda se poden ver nas beiras dos ríos. El meyor conservado é el de Pelorde, que é tamén el máis novo. El de Sequeiros ta nun sito al que se chega ben, porque forma parte dúa ruta señalizada, pero el louxado ta mal abondo. A ver el que dura. Dos outros tres namáis quedan ruinas, tan entre Lixóu y Brañaveya, escondidos entre el monte, comidos pola maleza, y resulta ben dífícil chegar a elos. Son el Molín Veyo, el Molín de Louredo y el Molín de Lagar das Eiras.

16 abr. 2012

EMPICIPIANDO


Nas salabreadas d'abril de 2012, estreno este blog nel que quero ir deixando cousas variadas coas palabras da nosa fala pa que nun nos esqueizan. Anque me resulta muito máis fácil escribir en casteyano, fendo un esforzo, escribo nesta fala qu'aprendín de pequena en Sanzo y que falaron y falan os meus antepasados.

El título del blog coyínlo prestado d'Adelina de Lourenzo, úa vecía de porta que xa nun ta con nosoutros. Cuando vivía, nas largas tardes del brao, Adelina chegábase a nosa porta dicindo esa frase -veño leriar- y ríndose. Adelina, como tantos outros homes y muyeres que conocín de pequena y nos foron deixando nestos anos, dicía sempre qu'iba tomar a parva, non desayunar; almorzar, non comer; igualar as camas, non fer as camas; falaba de concas y pratos, non de tazas y platos; del tarrén, non del suelo; y usaba todas esas palabras que cadaldía s'usan menos y que nos tan esqueicendo ou que nin siquera conocemos. Todos estos homes y muyeres, falantes da nosa lingua, que nos van deixando pouco a pouco, levan coelos úa forma de vida, os oficios, as costumes, os recordos, as palabras y a fala qu'aprenderon dos sous padres y enseñaron a os sous fiyos y netos.

Pa escribir nesta fala qu'eu aprendín ougüindo falar cuando fun vivir a Sanzo, anque nelas hai cousas que nun me gustan muito (por exemplo, os apóstrofos), vou tentar de siguir as normas ortográficas pal galego-asturiano publicadas pola ALLA, porque algúa norma hai que siguir pa ben d'entendernos.

Si daquén quer dicirme daqué, ferme algúa crítica, apurrir opinióis ou informacióis, os comentarios serán sempre benvidos. Lo que máis me prestaría é qu'este blog se convertise nun punto d'encontro pa todos os qu'aprecian a nosa terra, a nosa cultura y a nosa fala.